Gran inauguración do “Local da XA!” e, como non podía ser doutro xeito, con información.
A partir das 7 da tarde do domingo 10 de xuño Eduardo López -Dudi-, neurocientífico membro da XA!, dará comezo as actividades informativas que iremos programando no local coa charla: “Alcol, Cannabis e Neuroprotección: Unha mistura habitual, un efecto paradóxico“.
Achégate a coñecer o novo punto de intercambio de coñecemento sobre sustancias psicoactivas en Compostela.
Estamos en Poza de Bar nº 9 bis – semisoto [Santiago de Compostela]. Como chegar.
Visto en A Xuntanza Antiprohibicionista.